A memoria do Carballiño

A memoria do Carballiño

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820516
Año de edición:
Materia
GEOGRAFIA
ISBN:
978-84-9782-051-6
Páginas:
96
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

9,90 €

Despues:

9,41 €
IVA incluido

O presente álbum sobre a memoria gráfica do Carballiño -preparado, como os restantes volumes da serie, por Carlos Díaz Martínez- iníciase  a principios do século XX coas temáticas que definen as características sociais e económicas da vila: a presencia do Balneario, a condición da vila de encrucillada de vías de comunicación  e de centro comercial da comarca. Estes puntos de interese deixaron entre 1900 e 1936 unha valiosa produción de postais de gran relevancia  e calidade de edición. A importancia da vila do Carballiño amósase pola inclusión de numerosos exemplares da famosa serie xeral do editor  e impresor de Madrid, a casa fototipia Hauser y Menet. Deste período cómpre resaltar a importancia de dúas iniciativas locais: a serie coa temática da vila, do editor Andrés Fernández e a serie de publicidade do Balneario. Por razóns da orixe histórica do Carballiño, no presente  álbum inclúense a serie de Oseira (1925), do fotógrafo barcelonés L. Roisin. Iniciativa editorial do propio Mosteiro para dar a coñecer o valor deste patrimonio monumental. O volume complétase con outras tarxetas postais editadas pasada a Guerra Civil, das que teñen especial interese a publicada por Paisajes Españoles de Madrid que inclúe a curiosidade de fotografías áereas, tema moi novidoso naqueles  tempos. Ademais do case centenar de postais, fotografías, gravados, mapas e marcas filatélicas, o volume inclúe o ensaio literario de Felipe Senén, «O Carballiño, porta dos ribeiros (parada e fonda)», onde o autor glosa fermosamente a historia da súa vila bañada polo río Arenteiro. Senén reconstrúe os aconteceres do Carballiño, dende os primeiros vestixios castrexos, a encrucillada de camiños medieval, a escola popular dos ilustrados, ata a memoria gráfica máis contemporánea. O amplo estudo do prologuista detense tamén na glosa da  importancia do mosteiro de Oseira, así como dos Pazos do Arenteiro e dos camiños polo Ribeiro de Avia.

Otros libros del autor en Llibreria Sarri

Materia en Llibreria Sarri

Xerais en Llibreria Sarri

  • Pepa A Loba -5%
    Titulo del libro
    Pepa A Loba
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por  fin a súa novela de raigame histórica...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €18,95 €

  • Os comedores de patacas -5%
    Titulo del libro
    Os comedores de patacas
    Rivas, Manuel
    Xerais
    No disponible

    13,25 €12,59 €

  • Cando os animais falaban -5%
    Titulo del libro
    Cando os animais falaban
    Reigosa, Antonio;Miranda, Xosé
    Xerais
    Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de suceso...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    34,50 €32,78 €

  • Dos días escuros -5%
    Titulo del libro
    Dos días escuros
    Nº 39
    Caramés, María Carmen
    Xerais
    A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese...
    No disponible

    14,50 €13,78 €

  • O GATO FANTASMA -5%
    Titulo del libro
    O GATO FANTASMA
    DE TORO, XELíS
    Xerais
    Rolo e Pestiña son moi amigos, que non noivos, e sempre ao saír da escola van xuntos para a casa. Pero aquel ...
    No disponible

    12,50 €11,88 €