A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Año de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

Descuento:

-5%

Antes:

18,80 €

Despues:

17,86 €
IVA incluido

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en Llibreria Sarri

  • Romeiros do alén -5%
    Titulo del libro
    Romeiros do alén
    Gondar Portasany, Marcial
    Xerais
    No disponible

    14,45 €13,73 €

  • O MERLO DE FERRO -5%
    Titulo del libro
    O MERLO DE FERRO
    CORTIZAS, ANTóN
    Xerais
    A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferra...
    No disponible

    11,20 €10,64 €

  • 10.DESENVOLVEMENTO ECONOMICO.../CAD.HISTORIA XERCOM
    Titulo del libro
    10.DESENVOLVEMENTO ECONOMICO.../CAD.HISTORIA XERCOM
     
    Xerais
    No disponible

    8,00 €

  • Penúltimo dietario -5%
    Titulo del libro
    Penúltimo dietario
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    Este Penúltimo dietario é unha memoria dos nosos -de Anisia e meus- últimos dezasete anos vivindo no retrinc...
    No disponible

    19,95 €18,95 €

  • Iván, o cabaleiro valente -5%
    Titulo del libro
    Iván, o cabaleiro valente
    Gil Carmen
    Xerais
    Todos os nenos da aula fomos a unha feira medieval. A profe explícanos  como vivían os nenos antes e como xog...
    No disponible

    6,60 €6,27 €