Descuento:
-5%Antes:
Despues:
24,70 €Comunidade histórica recoñecida en 1978, Galicia converteuse en comunidade autónoma coa aprobación do seu Estatuto de Autonomía en 1981, co seu Parlamento, o seu goberno, a Xunta de Galicia co seu presidente ó fronte, o seu Tribunal Superior de Xustiza. Pero Galicia é máis ca iso. E un territorio coas súas costas e o seu interior, coas súas chairas e os seus cumios, coas Rías Altas e as Baixas, cos seus cantís no Cantábrico e os areais no Atlántico, cos seus ríos e os seus regatos, cos seus días de choivas e néboa, pero tamén cos días soleados. Ao longo dos séculos a poboación galega foi forxando a súa historia e a súa cultura. Nestes contextos desenvolveuse unha cultura diferenciada, coa súa lingua e a súa literatura, coa súa arte e cos seus trazoas antropolóxicos e etnográficos definidos. Toda esta historia fíxose dende Galica pero tamén dende fóra, pois non hai que esquecer a contribución da diáspora, dos tempos da emigración e dos tempos do exilio.