Manuel Murguía. Vida e obra

Manuel Murguía. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024904
ISBN:
978-84-8302-490-4
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

Descuento:

-5%

Antes:

9,55 €

Despues:

9,07 €
IVA incluido

Manuel Murguía. Vida e obra, o volume preparado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático e membro da Real Academia Galega, e por Xosé Luis Axeitos, profesor e investigador de Literatura Galega, pretende debuxar o perfil dun personaxe de gran interese para Galicia sen necesidade de recorrer a adxectivos grandilocuentes, nin a louvanzas desmesuradas. Os autores non pretenden ocultar as evidentes contradiccións nas que desenvolveu a vida e obra de Murguía, tratando de darlle unha explicación racional no contexto da cultura europea da época. Apórtanse datos concretos sobre certos episodios pouco coñecidos da súa vida, repasando tódalas súas actividades creativas e profesionais: periodismo e literatura, constructor do feito diferencial de Galicia, funcionario, político e académico e sempre polémico e polemista.Manuel Murguía. Vida e Obra organízase nos seguintes apartados: "Biobliografía de Manuel Murguía. Cronoloxía", traballo de carácter introductorio que permite seguir paso a paso as visitudes do personaxe a través dos correspondentes espacios vitais polos que transitou; "As etapas dunha vida", que supón un achegamento biográfico á figura humana de Murguía, dende a súa etapa compostelana (1833-1851), a súa estancia en Madrid (1851-1858), onde mesturou literatura e bohemia, á década que dedicou á historia (1959-1869), ata  á creación da Real Academia Galega, da que foi o primeiro presidente;  "Murguía, historiador do feito diferencial de Galicia", que estudia a  súa dimensión como o primeiro teorizador do feito diferencial galego,  base teórica do movemento cultural e político do galeguismo. Remata o  volume cunha completa bibliografía sobre a obra de quen é homenxeado este ano 2000, no "día das Letras Galegas". O volume inclúe, tamén, unas selección de fotos e documentos que complementan este esbozo de Manuel Murguía, no que aparece máis preto, máis humano e, xa que logo,  máis noso.

Xerais en Llibreria Sarri

  • Teoría do caos -5%
    Titulo del libro
    Teoría do caos
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen at...
    No disponible

    19,50 €18,53 €

  • Homo peregrinus -5%
    Titulo del libro
    Homo peregrinus
    Alvarez Sousa, Antonio
    Xerais
    A peregrinación a Santiago de Compostela non constitúe un fenómeno illado, senón que aparece relacionadode ...
    No disponible

    20,45 €19,43 €

  • Izan o da saca -5%
    Titulo del libro
    Izan o da saca
    Nº 383
    Quiroga, Xabier
    Xerais
    O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    24,95 €23,70 €

  • Vento e chuvia -5%
    Titulo del libro
    Vento e chuvia
    Nº 13
    Gago Mariño, Manuel
    Xerais
    Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos,  os deuses conviviron cos homes, bebero...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €13,78 €

  • Hai que matalos a todos -5%
    Titulo del libro
    Hai que matalos a todos
    Nº 370
    Carré, Héctor
    Xerais
    Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito...
    No disponible

    20,95 €19,90 €