A cociña de Larpeiros. 150 receitas

A cociña de Larpeiros. 150 receitas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652024
Any d'edició:
Matèria
GASTRONOMIA
ISBN:
978-84-9865-202-4
Pàgines:
180
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
170
Alt:
200
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

22,60 €

Després:

21,47 €
IVA inclòs

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.
 Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da  Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Altres llibres de l'autor a Llibreria Sarri

Matèria a Llibreria Sarri

Galaxia a Llibreria Sarri

  • Xente no rodicio -5%
    Titulo del libro
    Xente no rodicio
    NEIRA VILAS, XOSE
    Galaxia
    Vinte contos que amosan unha mestura de desengano, humor e piedade, escritos nun galego rico e expresivo, plás...
    No disponible

    13,15 €12,49 €

  • Bela e Besta -5%
    Titulo del libro
    Bela e Besta
    Perrault, Charles
    Galaxia
    As grandes historias de amor non dependen da beleza física, senón doutra forma de fermosura máis profunda. B...
    No disponible

    5,00 €4,75 €

  • A FORESTA E AS ÁRBORES -5%
    Titulo del libro
    A FORESTA E AS ÁRBORES
    Nº 2
    AA.VV
    Galaxia
    So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa...
    No disponible

    22,25 €21,14 €

  • Rato pincho -5%
    Titulo del libro
    Rato pincho
    Sánchez, Gloria
    Galaxia
    Pero hai un gato que non parece disposto a que Rato Pincho chegue hoxe  á clase. A verdade, poucas lle faltan ...
    No disponible

    11,15 €10,59 €

  • Un home impuntual -5%
    Titulo del libro
    Un home impuntual
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Galaxia
    Un home impuntual é un fermoso álbum protagonizado por un home absolutamente impuntual a quen lle gustaría d...
    No disponible

    13,25 €12,59 €