A nosa terra é nosa!

A nosa terra é nosa!. A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)

Editorial:
Baia
EAN:
9788499951935
Any d'edició:
Matèria
LLIBRE DE TEXT
ISBN:
978-84-9995-193-5
Pàgines:
752
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
150
Alt:
220
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

32,50 €

Després:

30,88 €
IVA inclòs
Comprar

Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. Con  estas palabras, escritas en A Nosa Terra en marzo de 1936 (n.º 404) para chorar a desaparición física do xornalista de Viveiro, deixaba Castelao ben clara a enorme transcendencia que tanto para si propio como para a historia política e cultural da Galiza no seu conxunto tivera a posta en marcha, o 18 de maio de 1916, da primeira das Irmandades da Fala, á que ben axiña se sumarían outras.
 Transcorridos cen anos desde aquel acontecemento histórico, a presente  monografía ve lume para intentar ofrecer unha descrición fiel e detallada da traxectoria, actividades, publicacións, campañas, iniciativas, debates e conflitos que foron balizando o desenvolvemento  desta entidade, unanimemente considerada pola historiografía como punto de arranque do nacionalismo galego contemporáneo.
 A súa disolución no seo do Partido Galeguista, en decembro de 1931, marca por iso mesmo o remate do noso percorrido, no que propositadamente emprestamos atención ás diversas vertentes esenciais do labor dese auténtico "cerebro colectivo" que foron as Irmandades: a  reivindicación idiomática, o labor literario-cultural, a acción política e a elaboración doutrinaria. Optamos por facer un desenvolvemento pegado á cronoloxía, pois pensamos que así, presentados no seu contexto histórico en cada momento, entenderanse mellor os méritos, as dificultades e os logros de cada unha das iniciativas irmandiñas.
 Notarase en moitos parágrafos desta monografía a especial relevancia que concedemos á figura e aos textos do promotor das propias Irmandades, Antón Villar Ponte, de quen nos servimos como eixo vertebrador do noso relato e a cuxa obra xornalística acudimos reiteradamente para ilustrar os procesos e reviravoltas da entidade.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Sarri

Matèria a Llibreria Sarri

Baia a Llibreria Sarri

  • AXENDA CURSO 2019-2020 -5%
    Titulo del libro
    AXENDA CURSO 2019-2020
    AA.VV
    Baia
    No disponible

    9,00 €8,55 €

  • Rodribico visita a cidade -5%
    Titulo del libro
    Rodribico visita a cidade
    Guisande, Manuel
    Baia
    Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha...
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    6,95 €6,60 €

  • Compendio de herbas máxicas -5%
    Titulo del libro
    Compendio de herbas máxicas
    Rubos, Montse
    Baia
    Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vit...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,55 €15,72 €

  • Sementes de papel -5%
    Titulo del libro
    Sementes de papel
    Gil, Bea / Gil, Bea
    Baia
    No disponible

    10,40 €9,88 €

  • Clara non para -5%
    Titulo del libro
    Clara non para
    AA.VV
    Baia
    A colección presenta relatos con protagonismo de nenas e nenos de 6 a 8 anos que nos mostran as súas vivencia...
    No disponible

    7,80 €7,41 €