Descompte:
-5%Abans:
Després:
9,03 €Breogán Folgueira é un rapaz de catorce anos recén cumpridos, que vén de remata-lo 8º de EXB. Vive en Lugo e é fillo único dun matrimonio de traballadores. Breogán é un lector apaixonado e gústanlle moito os relatos fantásticos e as aventuras cabaleirescas. O libro, precisamente, ábrese cunha imaxinada vÃaxe de Breogán á lúa, logo da lectura do libro de Cyrano de Bergerac sobre o mesmo tema. Unha tarde que lÃa o AmadÃs, posto en galego polo señor FerrÃn, viu unha doncela que mesmo lle pareceu tan fermosa como a sen par Oriana. Esa doncela resultou ser Dosinda, unha rapaza de 1º de BUP, irmá de DenÃs, un compañeiro da súa clase. E asà foi como deu comezo a historia de amor entre Breogán e Dosinda, onde, coma en tódalas historias de amor, hai paixón e hai celos, hai encontros e desencontros e reencontros outra volta máis. O longo daquel verán, o rapaz e a rapaza terán que artellar unha chea de estratexias, sempre coa complicidade de DenÃs, que lles permitan verse e vivÃ-lo seu primeiro amor adolescente. Porque esta é unha novela de aventuras que é tamén unha novela de amor.