Feminismos

Feminismos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499145006
Any d'edició:
Matèria
SOCIOLOGIA
ISBN:
978-84-9914-500-6
Pàgines:
296
Enquadernació:
RUSTICA
idioma:
GALEGO
Ample:
175
Alt:
240
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
XERAIS UNIVERSITARIA

Descompte:

-5%

Abans:

25,95 €

Després:

24,65 €
IVA inclòs
Comprar

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras  e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga  Unión Soviética, China, India ou Africa subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a  discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos». Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas  que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».

Matèria a Llibreria Sarri

Xerais a Llibreria Sarri

  • Demetrio Demoscopio perdeu a chispa -5%
    Titulo del libro
    Demetrio Demoscopio perdeu a chispa
    Nº 319
    Dávila, Berta
    Xerais
    Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o  señor Demetrio Demoscopio, as irmás...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,95 €12,30 €

  • Alvaro Cunqueiro (1911-1981) -5%
    Titulo del libro
    Alvaro Cunqueiro (1911-1981)
    Fernández del Riego, Francisco / Armesto Faginas, Jose Francisco / Alvarez Cáccamo, Xosé María / González
    Xerais
    No disponible

    38,00 €36,10 €

  • Un tren cargado de misterios -5%
    Titulo del libro
    Un tren cargado de misterios
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Dende a fiestra do seu cuarto, Ana ve pasar o tren todos os días. Un tren que nunca para, porque onde a nena v...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    10,50 €9,98 €

  • Lueiro de papel -5%
    Titulo del libro
    Lueiro de papel
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    No disponible

    7,40 €7,03 €

  • OS TEMPOS E O CLIMA DE GALICIA -5%
    Titulo del libro
    OS TEMPOS E O CLIMA DE GALICIA
    Martí Ezpeleta, Alberto;Taboada, Juan José
    Xerais
    Que récords climáticos se alcanzaron en Galicia? Cales son os lugares máis calorosos? E os máis fríos? Ond...
    No disponible

    19,95 €18,95 €