Descompte:
-5%Abans:
Després:
20,09 €O Rexurdimento, a nosa æ'renacencia'' do século XIX, foi bastante máis ca un movemento literario, ainda que nas letras dese os seus máis logrados froitos: RosalÃa de Castro, Eduardo Pondal, Curros EnrÃquez...Foi un estado de opinión, un estado de conciencia que se manifestou en diversas ramas do coñecemento -a música, a ciencia, o pensamento polÃtico, as artes plásticas- e que tivo como principal obxectivo a recuperación social, cultural e polÃtica de Galicia, a dignificación e defensa do propio paÃs, asoballado no autoodio e na dependencia.Dende o primeiro momento o idioma encarnou esas preocupacións. RosalÃa de Castro era consciente de que escribÃa na lingua daqueles que nunca lerÃan os seus versos, porque non sabÃan ler no que falaban. Eduardo Pondal invita ás mociñas coruñesas a usar decote a fala do paÃs. Curros pona nos labios de Xesucristo...¿Quen eran exactamente os nosos æ'precursores''? ¿Qué proxecto de Galicia tiñan? ¿Qué horizonte vÃan para o idioma galego? ¿A que prexuÃzos, eivas ou atrancos se enfrontaban realmente, logo de case catrocentos anos de silencio? Velaquà un dos perÃodos máis decisivos da nosa historia contemporánea, acaso a primeira chispa na conciencia do que agora somos.