Tres mulleres de armas tomar

Tres mulleres de armas tomar

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630134
Any d'edició:
Matèria
ASSAIGS
ISBN:
978-84-92630-13-4
Pàgines:
80
idioma:
CASTELLANO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
RETALLOS NOSA HISTORIA

Descompte:

-5%

Abans:

15,00 €

Després:

14,25 €
IVA inclòs

'Tres mulleres galegas de armas tomar'. María Balteira, María Castaña e María Soliña Este libro é unha escolma das tres marías, máis antigas, precedentes de tantas e tantas mulleres loitadoras: María Castaña, María Soliña e María Balteira.
 
 
 
 Esta é unha nova historia coas poucas fontes e referencias que delas hai, os moitos rumores que tamén corren ao falar delas e as ganas de facer algo que chegue ás rúas, ás escolas, ás novas xeracións de rapazas e rapaces que teñen que seguir a construír un mundo en que mulleres e homes sigan facendo del un lugar máis habitable no sentido máis humano e xusto da expresión.
 
 
 
 Ben é verdade que sen æ'mulleres de armas tomar'', moitas de nós non teriamos chegado a medrar nas condicións en que o fixemos e o noso vagar tería sido moito máis penoso. En aras de poder facer unha pequena homenaxe ás mulleres en xeral e a estas en particular polas súas circunstancias máis coñecidas popularmente, foi polo que nos decidimos a emprender tamaña empresa, nada doada, por certo.
 
 
 
 Nada doada, porque as eruditas e os eruditos practicamente o dixeron todo destas tres mulleres e tampouco se pretendía nin pretende atopar incunábeis que se refiran a elas, nin facer unha profunda investigación, só transmitir o pulo que mulleres como elas lle deron á  mesma historia, o que loitaron, o que sufriron e só polo simple feito  de pertencer a un xénero que non era o protagonista da historia nos momentos que lles tocou vivir.
 
 
 
 Así a nosa pretensión sinxela é contar parte do seu devagar pola vida,  cos atrancos que supuxo vivir no Betanzos do século XIII, no Lugo do século XIV e na Cangas do Morrazo do XVII, engadíndolle o feito de seren mulleres nun mundo de homes.
 
 
 
 Non se pretende facer historia "compensatoria" falando destas tres mulleres concretas, senón de reivindicar a visibilidade das mulleres no devir histórico ao igual que aquilo de que "o pobo que non coñece a  súa historia está condenada a repetilo". E isto poderiamos estendelo á historia social, á historia das mulleres como parte integrante dunha  sociedade que, por diversos motivos, as silenciou. Reivindicar as súas vidas, fazañas e movementos nas diferentes etapas da Historia, fará que as mulleres contemporáneas teñan referentes máis que suficientes para seguir cara ao camiño da igualdade como cidadás de pleno dereito. (Introdución do libro).

Altres llibres de l'autor a Llibreria Sarri

  • TRES MULLERES GALEGS DE ARMAS TOMAR -5%
    Titulo del libro
    TRES MULLERES GALEGS DE ARMAS TOMAR
    Domínguez Touriño, Guillermina Estévez Salazar, Felicia
    Baia
    Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,25 €12,59 €

Matèria a Llibreria Sarri

Baia a Llibreria Sarri

  • Química 2ºbacharelato
    Titulo del libro
    Química 2ºbacharelato
    Dominguez Real, Manuela
    Baia
    Este libro que está dirixido ao alumnado de Segundo de Bacharelado foi  elaborado tendo en conta o Decreto que...
    No disponible

    32,24 €

  • Donas de nós -5%
    Titulo del libro
    Donas de nós
    Nº 38
    Rodríguez Rodríguez, Ánxela
    Baia
    Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022 O xurado valorou na obra: ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    9,65 €9,17 €

  • Historia do mundo comtemporaneo 1ºbacharelato
    Antic
    Titulo del libro
    Historia do mundo comtemporaneo 1ºbacharelato
    Alfeiran Rodríguez, Xosé
    Baia
    O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto a...
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    34,50 €

  • Teatro para conquistas -5%
    Titulo del libro
    Teatro para conquistas
    Kuhn-Bode, Heidi
    Baia
    No disponible

    10,40 €9,88 €

  • Os deuses do Olimpo -5%
    Titulo del libro
    Os deuses do Olimpo
    De Cal Cortina, Matilde
    Baia
    Primeiro dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os deu...
    No disponible

    17,31 €16,44 €